Enxeñería xenética: encimas, terapia e OXM

Griechisch3,05 KB

Encimas de restrición e ADN recombinante

O ADN é unha fita de xenes que contén información de forma continua.

Un ADN recombinante é un fragmento de ADN construído de forma artificial con segmentos de ADN que poden proceder de calquera célula e de calquera organismo. O ADN pódese cortar por lugares específicos e coñecidos grazas a un conxunto de encimas denominados encimas de restrición. Estes cortan a molécula no seu interior, polo que fragmentan o ADN en numerosos anacos, de entre 4 e 8 pares de bases, que son chamados palíndromos.

A produción de fármacos

  • A primeira foi o interferón, unha substancia antivírica que se emprega no tratamento de infeccións víricas e do cancro. O interferón é unha proteína natural que producen as células humanas en moi pequena cantidade.
  • Aos diabéticos xa se lles subministra insulina, obtida de bacterias que conteñen o correspondente xene humano.
  • Algúns anticorpos monoclonais empréganse para tratamentos de enfermidades infecciosas.
  • As vacinas fabricadas mediante as técnicas de recombinación xenética son moi específicas. A primeira foi a vacina contra o virus da hepatite B. Na actualidade investígase para conseguir vacinas que preveñan ou traten o cancro, e contra a sida e determinadas infeccións respiratorias.
  • As proteínas necesarias para a coagulación do sangue (factores de coagulación) obtéñense por técnicas de enxeñería xenética. Antes, para tratar a hemofilia, empregábase o sangue de doadores, o que supoñía un alto risco de contraer enfermidades víricas.

Terapia xénica

Por terapia xénica enténdese aquel tratamento dunha enfermidade que se basea na introdución de xenes no organismo.

Para a introdución de xenes no organismo receptor empréganse vectores, sendo os máis utilizados determinados virus, ADN nu ou nunha estrutura a base de lípidos. Os virus han de ser tratados xeneticamente para que non sexan patóxenos.

Organismos xeneticamente modificados

Un organismo xeneticamente modificado (OXM) defínese como un organismo que sufriu un cambio no seu xenoma pola manipulación do seu patrimonio xenético. Tamén se denominan organismos transxénicos, sobre todo cando se refiren a organismos que se desenvolven a partir dunha célula na que se introduciu un fragmento de ADN procedente doutro ser vivo e que se integra no seu xenoma.

Cando se fai referencia a virus ou bacterias manipulados xeneticamente, adóitase denominalos organismos recombinantes.

Na agricultura, as novas técnicas de enxeñería xenética abren amplas expectativas, tanto na potenciación de características desexables (maior rendemento dos cultivos, resistencia a herbicidas, á seca ou ás pragas) coma na creación de variedades e especies novas.

Herunterladen

PDF Word HTML