Galicische Literatur: Syntax und Narrative Entwicklung

Griechisch6,33 KB

SINTAXE

Oracións compostas:

  1. Por coordinación (pero, e)
  2. Por subordinación (depende unha da outra)
  3. Xustaposición (separadas por coma ou outra)

Tipos:

  • Copulativas: e, e mais, nin
  • Disxuntivas: ou, xa, ou ben, ou... ou...
  • Adversativas: mais, pero, porén, non obstante, senón, senón que
  • Distributivas: ora... ora, ben... ben, xa... xa...

Subordinadas: poden estar dentro dunha oración ou frase. Clases: Substantivas (CD), Adxectivas (Mod), Adverbiais (CCX).

Normalización e normativización

A Constitución Española de 1978 e o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 son o recoñecemento legal da lingua galega. Outros textos legais que establecen os dereitos das linguas son:

  • Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (2000): defende a diversidade da lingua e prohíbe a discriminación por razón de lingua.
  • Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (1992): tratado que promove medidas a favor das linguas rexionais ou minoritarias de Europa. Recoñecida pola UE e progresiva incorporación de linguas non oficiais. Foi ratificada por España en 2001, incluíndo as súas linguas.
  • Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996): documento elaborado pola UNESCO que corrixe os desequilibrios lingüísticos e asegura o respecto e desenvolvemento de todas as linguas.

Narrativa de posguerra (anos 60)

Notable desenvolvemento grazas a tres grupos de escritores:

  • Xa consolidados na década anterior, que continúan coa súa produción: Cunqueiro, Blanco Amor, Fole.
  • Escritores que elaboran unha narrativa de tema realista, con situación en Galicia e a emigración: Xosé Neira Vilas.
  • Nova Narrativa Galega: escritores mozos que tratan de renovar o panorama narrativo.

Xosé Neira Vilas

(Gres, Vila de Cruces, 1929 – 2015). Ampla obra literaria: narrativa, poesía e ensaio. Variedade de técnicas narrativas e riqueza e calidade de léxico. Clasificamos a súa obra narrativa desde dous puntos de vista:

  • Segundo o espazo interior (Galicia/América)
  • Segundo o protagonista (infantil/adulto)

Dous temas principais:

  1. A Galicia rural, con protagonistas infantís ou adolescentes (Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo). Fala da Galicia campesiña de posguerra, onde se ve a miseria, a opresión, os prexuízos, a dominación política e relixiosa…
  2. A Galicia emigrante (Camiño bretemoso, Tempo novo). Mostra a vida dos emigrantes galegos, os problemas de adaptación, o illamento e a saudade da Terra.

Memorias dun neno labrego (MDNL): narra o neno protagonista, Balbino, a vida dun rapaz na súa aldea en Galicia, e presenta as súas inquietudes, frustracións… Libro moi lido e traducido a moitos idiomas (Cantarolas, Espantallo amigo).

NNG (Nova Narrativa Galega)

É un grupo de escritores e escritoras (Méndez Ferrín, Carlos Casares, Mª Xosé Queizán, Xohana Torres) que publicaron as súas obras a finais dos anos 50 (Nasce unha árbore, Gonzalo Mourullo). Con novos temas e técnicas renovan o xénero narrativo. Escritores moi novos, inspiráronse en escritores americanos e europeos para superar os modelos literarios (James Joyce, Franz Kafka).

As novidades que achegan son:

  • Personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, violentos, tolos…
  • O mundo do subconsciente, traumas, soños (psicoanálise de Freud).
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.
  • Alternancia de planos temporais.
  • Pluralidade de voces narrativas.
  • Predominio do monólogo interior.

Xosé Luis Méndez Ferrín

(Ourense, 1938), escritor fundamental da Galicia actual na poesía e na narrativa. A súa obra inclúe contos e novelas. Obsérvase influencia europea e americana (NNG, Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte). Personaxes antihéroes en ambientes sórdidos.

Tres eixos temáticos:

  1. Temática fantástica: a materia de Bretaña e as lendas artúricas (Amor de Artur, Arnoia).
  2. Exploración do absurdo da existencia humana: angustia, violencia individual e institucional.
  3. Mundo mítico creado por el (Tagen Ata), no que viven os azerratas, metáfora de Galicia sometida por Terra Ancha, que loita pola súa independencia.

Autor dunha peza teatral (Celtas sen filtro), dun estudo sobre a nosa poesía medieval (O cancioneiro de Pero Meogo) e dun ensaio sobre a posguerra (De Pondal a Novoneyra).

Carlos Casares

(Ourense, 1941 – Vigo, 2002). Destaca sobre todo na narrativa. Autor de contos e novelas (Vento ferido, Cambio en tres). As obras NNG son autobiográficas. As outras obras ambiéntanse nun pasado histórico (século X e XX), na chegada do cinema (Ilustrísima) e na investigación dunha morte durante a guerra civil (Os mortos daquel verán). A derradeira novela é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, recorda os veráns da súa nenez. Escribiu literatura infantil (A galiña azul) e teatro (As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas). Publicou ensaios sobre a vida doutros escritores.

Mª Xosé Queizán

(Vigo, 1939). A súa obra abrangue todos os xéneros: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Implícase no feminismo, presente nos seus libros e na revista Festa da palabra silenciada (creada por ela, pretende dar a coñecer a escritura feminina). Cultivou o xénero narrativo (A orella no buraco, Amor de tango). Tamén publicou ensaio (Misoxinia e racismo na poesía de Pondal) e escribiu un guión de cine (Prisciliano).

Herunterladen

PDF Word HTML