A Normativización e a Realidade Social da Lingua Galega
Eingeordnet in Griechisch
Geschrieben am in
Deutsch mit einer Größe von 6,72 KB
A Normativización da Lingua Galega
Normativización: Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dun variedade estándar —a que se usa nos ámbitos formais, a que se descríbe nas gramáticas— contribúe a frear esa dispersión. A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.
A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esta tarefa —imprescindible xa para a súa normalización social— ata o século XIX, cos autores do Rexurdimento.
Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:
- a) Galego popularizante (ata fins do s. XIX): Non existe realmente unha intención normativizadora (Pondal foi o único autor consciente da súa necesidade), utilízase o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
- b) Galego enxebrizant (ata 1936): Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclínanse cara a un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán. As características máis salientables son: a busca dun galego supradialectal, a eliminación de castelanismos e a consideración do portugués como o seu modelo de lingua culta.
- c) Galego protostándar (ata fins dos 70): Mellora a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos).
- d) Galego estándar (ata a actualidade): O maior coñecemento lingüístico (grazas ás investigacións e estudos universitarios) axuda a atopar solucións apropiadas para as interferencias e desviacións que aparecian nas etapas anteriores.
As Interferencias Lingüísticas
As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Aparecen en tódolos planos da lingua. Algúns exemplos:
- No plano fónico: Redución do sistema vocálico de 7 vogais a 5, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas.
- No plano morfolóxico: Cambio de xénero de determinados substantivos (*o ponte, *a sangue), seguindo a norma castelá, confusión dos pronomes t/che, uso de tempos verbais compostos.
- No plano sintáctico: Incorrecta colocación dos pronomes átonos.
- No plano léxico: É onde máis abundan e responden a diferentes motivacións: prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar vs. mercar), restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (biya / *grifo), substitución da forma galga pola castelá (*arciya vs. arxila, *tíndor vs. garfo...).
Chamamos desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben porque non son palabras de uso actual (arcaísmos), ben porque son inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergalguismos).
Linguas Minorizadas e Minoritarias
O status e o nivel de uso das diversas linguas minorizadas, case todas minoritarias tamén, son moi distintos: o gaélico, lingua oficial de Irlanda, sobrevive coma lingua case “ritual”. O bretón, o occitano, ou o corso sofren historicamente, igual ca o catalán e o éuscaro, os embates centralistas do Estado francés que, en certos momentos, chega mesmo a proibir a súa fala.
Consideración parecida marca o romanche na Suiza, e o sardo –lingua da illa de Sardinia– ou o friulano no Estado italiano. E dentro do actual Estado español onde as linguas minorizadas (galego, catalán e éuscaro) gozan de maior status e son usadas en ámbitos impensables para as anteriores.
O actual marco legal (Constitución do 78, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de Normalización Lingüística) senta as bases que poden conducir á recuperación e á normalización da lingua, mais cómpre a intervención dos diferentes sectores sociais:
- a) Acción institucional do poder político: Levada a cabo polas administracións públicas de Galicia (Xunta, concellos e deputacións), elementos indispensables no proceso de normalización, por coherencia e por imperativo legal.
- b) Acción colectiva non institucional: Exercida por asociacións e colectivos (Nova Escola Galega, Asociación de Funcionarios da Administración Pública, Mesa pola Normalización Lingüística, Pro Lingua...) xoga un papel importante na recuperación lingüística fronte ás eivas e achegamentos dos integrantes do grupo anterior.
- c) Acción individual: Supón un esforzo persoal e consciente para romper hábitos e condutas de desleixamento cara á situación social do idioma. Esta acción resulta claramente insuficiente sen o apoio dos grupos anteriores.
Para conseguir o éxito destas accións, é necesario un proceso de dinamización co obxecto de favorecer comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos e individuos a través de medidas que promovan o uso da lingua e conciencien e sensibilicen os axentes sociais, producindo un cambio de actitude na sociedade.
O Futuro do Galego
O proceso está agora nun momento decisivo. Nunca, dende a Idade Media, o galego dispuxo de tantas armas: oficialidade, mellora na consideración social, presenza no ensino e na cultura. Iso, dou outro lado, nunca o perigo de substitución foi tan claro: ausencia importante de transmisión xeracional, presenza mínima nos medios de comunicación de masas... A cultura agraria e mariñeira, que foi a que mantivo a lingua, está a desaparecer; aínda que está a medrar unha nova adhesión noutros ámbitos.
Iso esta corrente regalguizadora non compensa a perda progresiva de falantes. Se esta dinámica continúa, a medio prazo, o galego pode convértense nunha lingua “ritual”. So a lealdade lingüística, froito dun compromiso individual, iso tamén económico e social, poderá evitar que siga o proceso. Ademais, a aposta pola lingua dos grandes poderes políticos e empresariais será un factor decisivo.