Poesía de posguerra en galego: Xeracións e autores
Poesía de posguerra
O inicio do proceso de restauración dos canles de difusión da literatura en galego sitúase na publicación de Cómaros verdes de Aquilino Iglesias. Posteriormente nace a editorial Galaxia, a colección de Benito Soto e Edicións do Castro, que potencian a publicación dos distintos autores das xeracións deste período.
Xeración do 36
Os poetas da Xeración do 36, nados entre 1919 e 1920, sofren as consecuencias directas da guerra e a maioría exíliase.
- Xosé María Álvarez Blázquez, con Canle segredo, de carácter intimista;
- Xosé María Díaz Castro, con Nimbos, onde se reflicte a frustración histórica da sociedade galega, e no seu famoso poema Penélope segue unha liña existencial e introspectiva;
- Pura Vázquez Iglesias, con Íntimas.
Celso Emilio Ferreiro, autor de O soño sulagado, nunha liña intimista onde reflexiona sobre a existencia; Longa noite de pedra, situado na liña social que se caracteriza pola sinxeleza expresiva; Viaxe ao país dos ananos, que constitúe unha desmitificación do mundo da emigración; e Cemiterio privado, fortemente corrosiva e cáustica. Publica Antipoemas, onde realiza unha crítica do imperialismo dos EEUU. Sobre este autor destácase na prosa A fronteira infinda e A taberna do galo.
Promoción de Enlace
Os poetas da Promoción de Enlace, nados entre os anos 20 e 30, eran autodidactas e iniciaron a súa obra en castelán, debido ao descoñecemento da literatura anterior pola censura, e carecen dun compromiso coa lingua (coa excepción de Neira Vilas). Destacamos:
- Carmen Kruckenberg, con A sombra erguida e Jazz espido, caracterizada polo intimismo e expresións breves;
- Xosé Neira Vilas, con Dende lonxe, caracterizado pola sinxeleza e o compromiso;
- Luz Pozo Garza, con O paxaro na boca, con motivos como o erotismo, a sensualidade e as lembranzas.
Xeración dos 50
Autores que viviron as consecuencias da guerra, caracterizados polo rupturismo, a rebeldía e a tentativa de modernizar a poesía galega. Dividida no grupo compostelán (Editorial Galaxia) e no grupo Brais Pinto, máis radicalizado. Inicialmente cultivan unha poesía existencialista representada por Fabulario novo de Cuña Novás, influenciada polo pesimismo, o versolibrismo e o surrealismo. Posteriormente o seu compromiso plásmase na literatura, dando lugar ao socialrealismo.
Autores nados entre os 30 e 40
- Antón Avilés, que con transfondo biográfico aborda o tema da saudade e destaca Cantos caucanos;
- Manuel María Fernández, que toca as súas liñas temáticas en Muiñeiro de brétema;
- Bernardino Graña, que evoluciona desde O home que non quixo vivir ata Non vexo Vigo nin Cangas, tratando o amor e a denuncia social;
- Méndez Ferrín, con Con pólvora e magnolias.
Outros autores
- Uxío Novoneyra, seguidor da tradición paisaxista, con Os eidos, onde destaca a sinxeleza e a tipografía;
- Xohana Torre, con Do surco e estación ao mar.