O teatro galego durante e despois do franquismo

Griechisch2,45 KB

O xénero dramático acusou de xeito moi especial o prolongado silencio literario que impuxo o réxime franquista. O teatro implica non só a produción dun texto, senón a súa posta en escena (escenario, actores, director, …) nun espazo público. Estas dificultades fixeron que a recuperación do teatro fose máis tardía.

Debido a este contexto histórico e cultural adverso, a maior parte das obras escritas polos dramaturgos da chamada «Xeración dos 50» quedaron sen estrear ou, no mellor dos casos, como «teatro para ler». Neste contexto conflúen liñas temáticas continuadoras da preguerra cunha liña nova, presente nas pezas existencialistas que expón teatralmente as angustias e os problemas filosóficos, antoloxicamente presentes noutros xéneros (Escola da Tebra). Pertencen a esta liña obras de Franco Grande (Vieiro choído), Carballo Calero (O auto do prisioneiro), Jenaro Marinas (A obriga)…

Manuel María

Manuel María, un dos escritores máis destacados, é autor dunha copiosa obra teatral. Iníciase na liña do teatro poético, inspirado na tradición popular e sen acción (Auto do taberneiro, Auto do labrego, Auto do mariñeiro…). A finais dos anos 60 crea un teatro reivindicativo e propagandístico, convencido da capacidade educativa do xénero (Barriga verde, Abril de lume e ferro…).

A consolidación da recuperación teatral

A estrea de O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro (1959) marca a consolidación do proceso de recuperación teatral. A súa modernidade e calidade resultan innegables, tanto pola rica linguaxe dramática empregada como pola lúcida revisión mítica que efectúa. O personaxe de Hamlet sérvelle a Cunqueiro para facer unha reflexión sobre a propia identidade e a existencia.

O teatro independente

A partir dos anos 60, o teatro galego rexurde da man do teatro independente, cando a situación socioeconómica e social o permiten. O primeiro grupo foi «O Facho», creado na Coruña por Manuel Lourenzo en 1965. Despois virán máis grupos por toda a xeografía galega, que cumprirán unha importante función na axitación política antifranquista.

En 1973, a Asociación Cultural Abrente pon en marcha a Mostra de Teatro de Ribadavia, que se desenvolverá ata 1980 e vai ser fundamental para a consolidación de moitos proxectos teatrais.

Herunterladen

PDF Word HTML