Poesía de posguerra en galego: Xeracións e autores
Poesía de posguerra
O inicio do proceso de restauración dos canles de difusión da literatura en galego sitúase na publicación de Cómaros verdes de Aquilino Iglesias. Posteriormente nace a editorial Galaxia, a colección de Benito Soto e Edicións do Castro, que potencian a publicación dos distintos autores das xeracións deste período.
Xeración do 36
Os poetas da Xeración do 36, nados entre 1919 e 1920, sofren as consecuencias directas da guerra e a maioría exíliase.
- Xosé María Álvarez Blázquez, con Canle segredo, de carácter intimista;
- Xosé María Díaz Castro, con Nimbos, onde se reflicte a frustración histórica da sociedade galega, e no seu famoso poema Penélope segue unha liña existencial e introspectiva;
- Pura Vázquez Iglesias,