Teatro galego: do rexionalismo ás vangardas
1. Teatro rexionalista
As primeiras mostras de teatro do s. XX relaciónanse coa preocupación dos rexionalistas por este xénero. Así, en 1903 crearon a Escola Rexional de Declamación, co obxectivo de estimular a produción teatral e aumentar o prestixio social da lingua. Aínda que esta escola só durou ata 1905, representou obras de diversos autores, entre as que destaca A ponte (1903), de Lugrís Freire, que supuxo unha ruptura coa produción anterior polo emprego dun galego contemporáneo, polo uso da prosa (xa que foi o primeiro drama galego escrito en prosa) e pola crítica social contra as inxustizas que cometían os caciques.
A partir de 1915 creáronse coros e agrupacións folclóricas en distintos puntos de Galicia que representaban