A Normativización e a Realidade Social da Lingua Galega
A Normativización da Lingua Galega
Normativización: Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dun variedade estándar —a que se usa nos ámbitos formais, a que se descríbe nas gramáticas— contribúe a frear esa dispersión. A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.
A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esta tarefa —imprescindible xa para a súa normalización social— ata o século...