Totalitarismo e fascismo: contexto e ideoloxía tras a Primeira Guerra Mundial

Eingeordnet in Griechisch

Geschrieben am in Deutsch mit einer Größe von 3,22 KB

Totalitarismo: o final da Primeira Guerra Mundial presentou unha situación difícil en Europa, como escenario do conflito. Por unha parte, Italia quedaba frustrada ao non conseguir os seus propósitos irredentistas. Por outra, Alemaña fora humillada. Ambos os dous países, inimigos durante a guerra, ían camiñar xuntos e colaborar unidos por unha ideoloxía común, ao tempo que o perigo revolucionario do proletariado presente en Rusia, ao que tamén se opoñía o fascismo. Comunismo, liberalismo e fascismo presentábanse como ideoloxías inimigas.

Recordaba Montanelli os puntos de vista diferentes entre os anciáns, que tiñan morriña do liberalismo democrático, e os mozos nacidos do fascismo. O primeiro, débil e ineficaz; o segundo, agresivo e novo, que exaltaba a violencia como forma de vida. Esta loanza ao fascismo fronte ao liberalismo foi asumida por Mussolini como programa elaborado para o Partido Nacional Fascista. Opoñíase ao liberalismo e ao individuo como suxeito de dereitos políticos e colocaba o Estado como a única realidade que estaba por riba de todos e de todo, como órgano vivo, síntese e unidade de todos os valores. Ao controlalo todo, convértese no Estado totalitario, dirixido por un partido único na fronte do cal hai un superhome, o Duce, máxima expresión da xerarquía social.

O xefe e as masas

O xefe é o home que sempre ten razón e que exerce unha autoridade indiscutible, aceptada por todos con fe cega, e convértese en obxecto de culto. A sociedade non está composta por individuos con iguais dereitos, senón por masas que son dirixidas. Non conta a maioría, senón a personalidade. As elites mobilizan as masas ao servizo do Estado como expresión de unidade ultranacional e de expansión imperialista, necesaria para manter o Estado racial, ao tempo que depuran os individuos etnicamente distintos (racismo).

Fascismo e socialismo

O fascismo non só se opoñía á democracia liberal, senón tamén ao socialismo marxista e ás súas ideas. Defendía valores superiores e buscaba a súa propia vía, a do socialismo nacional anticapitalista, contrario ao socialismo revolucionario internacionalista. Os fascistas presentábanse todos como revolucionarios. Para o fascismo non cabían loitas nin divisións sociais.

Os apoios sociais

A estratexia fascista contou co apoio das distintas capas sociais, movidas por distintos intereses, como o demostran as palabras de Krupp no xuízo de Nuremberg. Tras a guerra, a ideoloxía fascista contou co apoio dos parados e dos soldados abandonados á súa sorte tras volver da fronte. Pero, pouco a pouco, foron sumándose as clases medias urbanas e rurais e o capital representado nas grandes empresas industriais e agrícolas.

Conclusión

A democracia liberal era ineficaz e débil. Naqueles tempos considerábase necesaria unha man dura para impoñer orde económica, política e social. Iso era o que ofrecía o fascismo coa súa actitude agresiva e violenta (terror fascista), a fe cega no xefe e moita demagoxia.

Verwandte Einträge: