Trazos dialectais: bloques e áreas
O galego é unha lingua románica que provén do latín. Para poder considerarse unha lingua, debe cumprir uns criterios de tipo histórico, social, político e cultural. Estes criterios son: diferenciarse claramente doutros sistemas lingüísticos, posuír unha tradición literaria, ter desenvolvido unha norma culta, presentar límites xeográficos suficientemente precisos e resistir a presión doutros sistemas lingüísticos da mesma orixe.
No caso do galego, as fronteiras lingüísticas están marcadas no leste pola ausencia de ditongación tónica (pedra, dez, ovo, porta) e pola perda do -n- intervocálico (lúa, ra); no sur, a fronteira coincide coa delimitación política, e a estrema márcase mediante...