Bloques dialectales del galego

Griechisch3,93 KB

Trazos dialectais: bloques e áreas

O galego é unha lingua románica que provén do latín. Para poder considerarse unha lingua, debe cumprir uns criterios de tipo histórico, social, político e cultural. Estes criterios son: diferenciarse claramente doutros sistemas lingüísticos, posuír unha tradición literaria, ter desenvolvido unha norma culta, presentar límites xeográficos suficientemente precisos e resistir a presión doutros sistemas lingüísticos da mesma orixe.

No caso do galego, as fronteiras lingüísticas están marcadas no leste pola ausencia de ditongación tónica (pedra, dez, ovo, porta) e pola perda do -n- intervocálico (lúa, ra); no sur, a fronteira coincide coa delimitación política, e a estrema márcase mediante a presenza de vogais nasais (irmán / irmão) e de consoantes sibilantes sonoras (rosa /s/ - /z/, xente /ʃ/ - gente /ʒ/).

Non obstante, dentro dunha mesma lingua e dun territorio existen variedades xeográficas ou sintópicas, que consisten en variacións de tipo fonético, morfosintáctico ou léxico, segundo a zona. O conxunto destas variedades xeográficas ou dialectais conforma o que chamamos a variación diatópica.

Bloques dialectais de Galicia

En Galicia podemos diferenciar tres variedades xeográficas ou bloques dialectais: occidental, central e oriental.

Bloque occidental

O bloque occidental caracterízase, na fonética, pola gheada, que é a pronuncia aspirada do fonema /g/ oclusivo velar sonoro, /h/; e polo seseo final (área bergantiñá) ou total (áreas fisterrá, do Salnés e Morrazo-Vigo), que consiste na pronuncia do fonema fricativo interdental xordo /θ/ como alveolar /s/. O ditongo -oi- pronúnciase nas áreas do Salnés e bergantiñá, mentres que na fisterrá e de Morrazo-Vigo se pronuncia -ui-.

Bloque central

No plano morfosintáctico, o bloque central caracterízase pola terminación dos plurais en -ns; a utilización dos pronomes ti e el; a terminación -án tanto para masculino como para feminino e a terminación -eches na segunda persoa de singular do pretérito. A área do Salnés ten a terminación -ín na primeira persoa de singular do pretérito, mentres que nas demais empregan -iu ou -eu.

No plano fonético, o bloque central caracterízase polo ditongo -oi-, o non seseo ou seseo final na área mindoniense e a alternancia no uso da gheada. No plano morfosintáctico fan os masculinos en -ao e os femininos en -á; acaban os plurais en -s; alternancia do pronome ti ou tu; pronome el na área mindoniense e il na lucu-auriense; terminación -íches na segunda persoa de singular do pretérito e -des na segunda persoa de plural. Hai certas diferenzas entre as dúas áreas: na mindoniense distínguese entre os pronomes de singular e plural llo/llelo, non se emprega o ditongo -ua e no presente de subxuntivo empregan a vogal temática -e para todas as conxugacións; mentres que na área lucu-auriense se utiliza o ditongo -ua-, non distinguen o pronome llo de llelo e comezan os demostrativos por i-.

Bloque oriental

Por último, o bloque oriental, no plano fónico, caracterízase polo ditongo -ua- e -ui-; non hai seseo nin gheada, agás na área ancaresa, onde si hai gheada e vogais nasalizadas. No plano morfosintáctico, fan o masculino en -ao e o feminino en -á; fan os plurais en -is, así como a terminación da segunda persoa de plural do presente, tamén en -is. Empregan os pronomes tu e el. Na área asturiana manteñen o -l- intervocálico e utilizan o sufixo -ín en lugar de -iño. Na área ancaresa fan o pretérito da primeira persoa do singular en -í. Finalmente, a área zamorana caracterízase por teísmo e o demostrativo neutro comeza por i-.

Herunterladen

PDF Word HTML